Museo municipal de OurenseRúa Lepanto, 8. | Situado nun singular edificio de fins do s. XVI. Conta con importantes fondos de artistas plásticos e escultores galegos. Ten unha sala permanente dedicada ao gravador Julio Prieto Nespereira. Ademais poden visitarse exposicións temporais. | |
Museo arqueolóxico provincial de OurensePraza Maior, s/n. | Garda pezas castrexas, romanas, prerrománicas, románicas e góticas, ademais de pintura e escultura posterior. O edificio que o alberga é unha xoia en si mesmo (monumento histórico artístico dende 1931), trátase dun excepcional pazo civil románico do s. XII,aínda que con reformas posteriores, nun solar ocupado con anterioridade polo pretorio romano e polo pazo dos reis suevos.
| |
Museo catedralicio de OurensePraza do Trigo, s/n. | Arte sacra. Situado no claustro gótico inconcluso da Catedral, coñecido como Claustra Nova. Destacan as placas de esmaltes de Limoges da arqueta relicario de San Martíño do s. XIII, unha serie de cruces procesionais, cálices, o tesouro de San Rosendo ou o incunable misal auriense. | |
Centro de exposicións CaixanovaPraza Maior, s/n. |
| Exposicións temporais nas que teñen cabida todo tipo de manifestacións artísticas, con especial presenza artes plásticas. |
Colección de trens Fernández Pacheco OuteiriñoCentro Cultural Deputación. Rúa Progreso, 30, 2º. | Posúe unha das mellores coleccións europeas de trens en miniatura a escala HO. Reflicte a historia e evolución do ferrocarril universal a través de máis de 4.000 pezas. | |
Museo internacional de cornamusasDoctor Temes Fernández, s/n. Campus Universitario – As Lagoas. | Exposición de gaitas e cornamusas procedentes de todo o mundo, ademais de prestar atención a todo o relacionado con este instrumento musical. | |